Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 29 de marzo de 2021 Páx. 17051

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 137/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 137/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Miranda Miranda contra Fermín Group Ibérica, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2021.

Parte dispositiva.

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a José Antonio Miranda Miranda con Fermín Group Ibérica, S.L. e condeno a Fermín Group Ibérica, S.L. a aboarlle a José Antonio Miranda Miranda a suma de 6.867,96 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, e a suma de 27.547,52 euros en concepto de salarios de tramitación.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Dilixencia. A seguir cúmprese o ordenado. Dou fe.

Así o acorda e asina a maxistrada xuíza. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2021.

Pare dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da Sentenza 205/2020, con data do 4.11.2020, ditada no procedemento DSP 254/2020, a favor da parte executante, José Antonio Miranda Miranda, fronte a Fermín Group Ibérica, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 35.249,04 euros en concepto de principal (6.867,96 euros en concepto de indemnización, 27.547,52 euros en concepto de salarios de tramitación, 809,78 euros en concepto de salarios e vacacións, 19,37 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais que comportan 460,42 euros, 4,41 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil sobre os conceptos indemnizatorios 349,36 euros de liquidación de vacacións), máis outros 3.524,90 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina a maxistrada. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2021.

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Fermín Group Ibérica, S.L. co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 35.249,04 euros en concepto de principal (6.867,96 euros en concepto de indemnización, 27.547,52 euros en concepto de salarios de tramitación, 809,78 euros en concepto de salarios e vacacións, 19,37 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre os concepto salariais que comportan 460,42 euros, 4,41 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil sobre os conceptos indemnizatorios 349,36 euros de liquidación de vacacións), máis outros 3.524,90 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as costas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0137 20), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Fermín Group Ibérica, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Fermín Group Ibérica, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza