Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 29 de marzo de 2021 Páx. 17054

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (547/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue xuízo sobre despedimento, seguido baixo o número 547/2020, en que figura como interveniente Zapaterías TG Factory España, S.L., no cal se sinalou conciliación e/ou xuízo para o día 6 de abril de 2021, ás 11.55 e 12.00 horas, respectivamente.

Ao estar a dita parte en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto en cumprimento do disposto na Instrución 6/12, da Secretaría Xeral da Administración de xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e protección de datos, co fin de que sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza