Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 26 de marzo de 2021 Páx. 16733

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 480/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 480/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Pilar García Resúa contra a empresa José Ramón Collazo Yáñez, sobre procedemento ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo:

Que, aceptando integramente a demanda interposta por María del Pilar García Resúa contra José Ramón Collazo Yáñez, debo condenar e condeno o empresario demandado a lle aboar á demandante a suma de 5.083,31 euros –polos conceptos indicados no feito probado quinto desta sentenza–, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fondo de Garantía Salarial, non procede a súa condena nesta instancia, debe terse en conta o que resulte da aplicación do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou os interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para efectuar actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas mentres tanto non sexan facilitados outros datos alternativos; e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en forma legal a José Ramón Collazo Yáñez, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza