Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 26 de marzo de 2021 Páx. 16725

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (SS 126/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 126/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fremap Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 61 contra Fondo de Garantia Salarial, Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), Instituto Nacional da Seguridade Social e Aydin Semdin, sobre seguridade social, se ditou a seguinte sentenza en cuxa resolución consta:

Resolvo que, estimando a demanda formulada por Fremap (Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social), que comparece representada polo letrado Sr. Gómez Lage, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, que comparece representada pola letrada Sra. Neto Roig, contra a empresa Aydin Semdin, que non comparece a pesar de estar citada en legal forma, e contra Fogasa, que non comparece a pesar de constar citado en legal forma, debo condenar e condeno a empresa demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 1.620 euros, no sentido exposto no fundamento de dereito único e como responsable directa, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do INSS como sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, en caso de insolvencia da empresa.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que é firme e que contra ela non cabe interpoñer recurso ordinario en función do establecido no artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social.

Así o pronuncio, mando e asino, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, Montserrat Matogueiras Salgado, xuíza substituta do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada pola xuíza que a autoriza, en audiencia pública, no lugar e data nela indicados. Dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Aydin Semdin, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza