Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 26 de marzo de 2021 Páx. 16727

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 146/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 146/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo José Brea Calvo contra o Fondo de Garantía Salarial e Defrades, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza en cuxa resolución consta:

Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Pablo José Brea Calvo fronte á empresa Defrades, S.L., e en consecuencia:

– Condénase a empresa Defrades, S.L. a aboar a Pablo José Brea Calvo a cantidade de quince mil novecentos dezasete euros con sesenta céntimos de euro (15.917,60 euros); os conceptos salariais devindicarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se a recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Esta sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, en audiencia pública. Dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Defrades, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza