Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 26 de marzo de 2021 Páx. 16785

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 12 de marzo de 2021, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a resolución de baixa de oficio e cancelación de inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles aos titulares dos establecementos da provincia de Lugo que se relacionan a baixa de oficio e a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se lles notifica en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 12 de marzo de 2021

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Establecemento: A Farola.

Titular: Juan Valentín Padrón Armas.

Enderezo: rúa Mariñeiro Chila nº 27.

Localidade: Foz.

Establecemento: Disco Conors.

Titular: Inutroque, S.L.

Enderezo: estrada de Forxán nº 30.

Localidade: Foz.

Establecemento: Bar Conors.

Titular: Inutroque, S.L.

Enderezo: estrada de Forxán nº 30.

Localidade: Foz.

Establecemento: O Costureiro.

Titular: Miguel Díaz Paramo.

Enderezo: Campo da Feira nº 12.

Localidade: Sober.