Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 26 de marzo de 2021 Páx. 16784

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 11 de marzo de 2021, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se lle dá audiencia á interesada no procedemento de baixa e cancelación de inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle e outórgaselle audiencia, á titular do establecemento que no anexo se menciona, no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante visita da Inspección da Área Provincial de Turismo de Ourense comprobouse que no establecemento que se relaciona no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística para a cal foi autorizado no seu día.

Ao considerar que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta xefatura territorial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia, iniciar o expediente de baixa de oficio do establecemento relacionado no anexo.

O que se lle notifica á titular do establecemento referido para que no prazo de 15 días poida efectuar as alegacións que considere pertinentes, examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Área Provincial de Turismo de Ourense.

Ourense, 11 de marzo de 2021

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Establecemento: Turismo Rural A Casa das Cestas TR-OR-42.

Titular: Mª Belén Rodríguez Estévez.

Enderezo: A Anagaza, 9.

Concello: A Pobra de Trives.