Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 25 de marzo de 2021 Páx. 16499

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de incoación de expedientes para a limpeza de predios.

En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, procédese á publicación dos expedientes incoados e das referencias catastrais de dúas parcelas en situación de risco de incendio, de titular catastral descoñecido, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte aos incendios forestais, advertindo expresamente da execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro das resolucións de incoación dos expedientes atópase á disposición dos interesados no Concello da Guarda.

Expediente

Referencia catastral

Polígono-parcela-lugar

Interesado

517/2021

36023A024009530000UR

Polígono 24, parcela 953, lugar de Picón

Titular descoñecido

518/2021

36023A024060010000UP

Polígono 24, parcela 6001, lugar da Cal

Titular descoñecido

O cómputo dos prazos comezará a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado. Os interesados dispoñen de dez días hábiles, contados desde a data indicada, para alegar o que no seu dereito conveña e incorporar ao expediente administrativo cantos documentos e xustificacións consideren pertinentes.

A Guarda, 9 de marzo de 2021

Antonio Lomba Baz
Alcalde