Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 25 de marzo de 2021 Páx. 16500

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de predios.

En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción por Lei 9/2017 de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación da referencia do expediente e da referencia catastral de dúas parcelas en situación de risco de incendio, ao resultar infrutuosa a notificación en domicilio do titular, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados, fronte a incendios forestais, advertindo expresamente de execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución atópase á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Polígono-parcela-lugar

Interesado

Referencia catastral

1055/2020

Serraseca/5/162

Hros. Amador Salcidos Ventoso

36036A005001620000QG

1055/2020

Serraseca/11/450

Hros. Amador Salcidos Ventoso

36036A011004500000QF

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 5 de marzo de 2021

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa