Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 25 de marzo de 2021 Páx. 16498

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO referente á convocatoria e ás bases do proceso de selección para a cobertura en propiedade dunha praza de enxeñeiro/a técnico/a industrial de obras e servizos.

Resolución nº 3033/2020, de 17 de decembro de 2020, do Concello de Arteixo (A Coruña) referente á convocatoria e bases do proceso de selección para a cobertura en propiedade de unha praza de enxeñeiro/a técnico industrial de obras e servizos.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 18, do 28 de xaneiro de 2021, están publicadas integramente as bases que deberán rexer a convocatoria para a provisión en propiedade, polo procedemento de concurso-oposición, dunha praza de enxeñeiro/a técnico/a industrial de obras e servizos, persoal funcionario de carreira do Concello de Arteixo, incluída na oferta de emprego público do exercicio 2017.

As instancias en que se solicita participar no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, no Rexistro Xeral do Concello, dirixidas ao alcalde presidente da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas prazas publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 2 de febreiro de 2021

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente