Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 25 de marzo de 2021 Páx. 16456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 11 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN661A 2007/6-1, no concello de Vimianzo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico Alto da Croa, no concello de Vimianzo (expediente IN661A 2007/6-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 11 de marzo de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2007/6-1.

Entidade beneficiaria: Greenalia Wind Power Alto da Croa, S.L.U.

Denominación da instalación: parque eólico Alto da Croa.

Concello: Vimianzo.

Predios

Lugar

Titularidade proposta

Data de ocupación

81 e 83

Pedra da Vella

Herdeiros de Herminda Suárez Paz

15.3.2021