Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 25 de marzo de 2021 Páx. 16455

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 11 de marzo de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lles notifica a varios interesados o arquivamento do expediente de expropiación de predios do parque eólico singular de Mondoñedo (expediente 002-PES).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícaselles ás persoas interesadas o arquivo do expediente de expropiación para os predios do parque eólico singular de Mondoñedo que se sinalan no cadro que se xunta.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial en Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economia, Empresa e Innovación, sita na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.lugo@xunta.es ou nos telefónos 982 88 90 87 e 29 46 54.

Lugo, 11 de marzo de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 002-PES.

Denominación: parque eólico singular Mondoñedo.

Arquivo expediente de expropiación.

Predio

Concello

Propietario/a

40

Mondoñedo

Remedios Candía Rivas

40

Mondoñedo

María Luisa Candía Rivas

60b

Abadín

Ramón José Guerra Rubal