Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 25 de marzo de 2021 Páx. 16447

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 505/2020).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 505/2020 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Ángel Pico Fonte contra a empresa Administración Safer, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza.

A Coruña, 9 de febreiro de 2021.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña, os presentes autos número 505/2020, sobre despedimento, seguidos por instancia de José Ángel Pico Fonte, asistido pola letrada Sra. Gil Fernández, contra a Administración Safer, S.L.

Dispoño.

Estímase parcialmente a demanda formulada por José Ángel Pico Fonte contra a Administración Safer e declaro a improcedencia do seu despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza e condeno a empresa demandada a que lle aboe a cantidade de 3.332,45 euros, en concepto de indemnización, calculada a razón 43,28 euros/día; así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento, 18 de marzo de 2020, ata a data desta sentenza, por importe de 14.239,12 euros; todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Así mesmo, condeno a empresa a que aboe á parte demandante a cantidade de euros como cantidades debidas en concepto de salarios 5.377,41 debidos e a cantidade de 4.533,60 euros, máis os xuros de mora do 10 % sobre a devandita cantidade total.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, o manda e o asina».

E para que sirva de notificación en legal forma, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza