Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 25 de marzo de 2021 Páx. 16449

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (449/2020).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social de Reforzo bis da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 449/2020 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Pronored, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Sentenza

A Coruña, 10 de decembro de 2020

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, estes autos número 449/2020, sobre despedimento, seguido por instancia de Josefina Romero Pena, asistida da letrada Sra. López Maiztegui, contra Pronored, S.L.,

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por Josefina Romero Pena, asistida da letrada Sra. López Maiztegui, contra Pronored, S.L., e declárase a improcedencia do despedimento efectuada pola demandada con efectos do 28 de febreiro de 2020 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita a traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza, a razón de 56,84 euros diarios, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 6.408,25 euros por despedimento improcedente.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de cinco (5) días, contados a partir da notificación desta resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e firma. Dou fe.