Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 25 de marzo de 2021 Páx. 16445

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (SSS 79/2020).

Procedemento de orixe: /

Sobre seguridade social

Demandante: Manuel Hermida Carro

Avogada: Inmaculada Parada Portas

Demandados: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Fremap, X 2016 Turquesa Luna Madrid, S.L.

Avogado: letrado da Tesouraría da Seguridade Social, letrado da Seguridade Social, Guillermo Amigo Estrada

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Manuel Hermida Carro contra Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Fremap, X 2016 Turquesa Luna Madrid, S.L., en reclamación por Seguridade Social, rexistrado co número de Seguridade Social 79/2020, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social, citar a X 2016 Turquesa Luna Madrid, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 16 de novembro de 2021, ás 11.15 horas, na planta 1, sala 15, no edificio da rúa Hortas, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistidos de avogado ou representados tecnicamente por graduado social colexiado, ou representados por procurador, poñerán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a X 2016 Turquesa Luna Madrid, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 2 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza