Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 23 de marzo de 2021 Páx. 16023

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e decreto (ETX 14/2021).

ETX execución de títulos xudiciais 14/2021

Procedemento orixe: PO procedemento ordinario 871/2017

Sobre ordinario

Demandante: Manuel Álvarez Lomba

Avogada: Carmen Manzano Martinez

Demandados: Seguridad Y Planificación Galicia, S.L., Montserrat Vale Santos

Eu, María Iria Roman Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 14/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Álvarez Lomba contra Seguridad y Planificación Galicia, S.L. e Montserrat Vale Santos sobre ordinario, foi pronunciada a seguinte resolución:

«Auto

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, quince de febreiro de dous mil vinte e un.

Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Manuel Álvarez Lomba, contra Seguridad y Planificación Galicia, S.L., parte executada, polo importe de 864,06 (660,07 euros en concepto de principal máis outros 203,99 euros en concepto de xuros conforme o disposto no artigo 29.3 do EC), máis outros 86,41 euros que se fixan provisoriamente en concepto provisorio de xuros que, se é o caso, poidan producirse durante a execución, e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, co cal a a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS, e aos representantes dos traballadores da empresa debedora de conformidade co ordenado polo artigo 252 da LXS.

Modo de impugnación: contra este auto poderá interporse recurso de reposición ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puido incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluentes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acontecido con posterioridade á constitución do título e sen que a compensación de débedas sexa admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1 aberta no Banco Santander, S.A., conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 coa indicación “recurso” no campo do concepto seguida do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír a seguir da conta referida, separados por un espazo o “código 30 Social-Reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza. Letrada da Administración de xustiza»

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza Marina Pilar García de Evan.

Santiago de Compostela, quince de febreiro de dous mil vinte e un.

Parte dispositiva

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento Seguridad y Planificación Galicia, S.L. a fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 864,06 (660,07 euros en concepto de principal máis outros 203,99 euros en concepto de xuros conforme o disposto no artigo 29.3 do EC), máis outros 86,41 euros que se fixan provisoriamente en concepto provisorio de xuros que, se é o caso, poidan producirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, e, se non pagaren no acto, procédase ao embargo dos bens na medida suficiente para responder pola cantidade por que se despachou execución máis as custas desta, e líbrense para o efecto.

– Requirir Seguridad y Planificación Galicia, S.L. a fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se for o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán imporselle tamén multas coercitivas periódicas.

Así mesmo, requírase a parte executante co obxecto de que no prazo de cinco días presente un número de conta en que facer efectivos os pagamentos dos que deba ser obxecto.

Déase traslado a Montserrat Vale Santos, en calidade de administradora concursal, para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 aberta no Banco Santander, S.A., coa indicación “recurso” no campo do concepto seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír a seguir da conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Seguridad y Planificación Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2021

Letrada da Administración de xustiza