Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 23 de marzo de 2021 Páx. 16055

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2021 pola que se modifica a Orde do 8 de xuño de 2012 en que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea B. Paz I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da concesión administrativa e da batea B. Paz I, resulta:

Antecedentes:

Primeiro. O 1 de xuño de 2012, Luisa Comojo Lesende, en representación da comunidade de herdeiros de José Benito Vicente Ordóñez, solicitou autorización para a transmisión da batea B. Paz I, polo que se tramitou o expediente de transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea. En ausencia de testamento, e para os efectos da identificación das persoas con dereitos hereditarios, a interesada achegou declaración de herdeiros ab intestado do causante.

Segundo. Mediante a Orde do 8 de xuño de 2012 (DOG nº 143, do 27 de xullo) e corrección de erros do 27 de xullo de 2012 (DOG nº 164, do 29 de agosto) autorizouse a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea a favor de Luisa Comojo Lesende, Susana Vicente Comojo e María Luisa Vicente Comojo.

Terceiro. O 5 de marzo de 2020, Susana Vicente Comojo solicitou autorización para a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea B. Paz I.

Cuarto. Na solicitude achega escritura de aceptación e adxudicación parcial de herdanza onde, logo de liquidación da sociedade de gananciais, adxudican a metade indivisa da concesión administrativa e da batea B. Paz I a Susana Vicente Comojo e a María Luisa Vicente Comojo.

Quinto. O informe da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica sobre a tramitación do expediente é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde de 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Por todo o anterior, resolvo:

Modificar a Orde do 8 de xuño de 2012 (DOG nº 143, do 27 de xullo) e a corrección de erros do 27 de xullo de 2012 (DOG nº 164, do 29 de agosto) e autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Susana Vicente Comojo (***6923**) e de María Luisa Vicente Comojo (***3880**), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: B. Paz I.

Localización:

Cuadrícula nº: 85.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 10.1.1968.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Luisa Comojo Lesende (***8819**), Susana Vicente Comojo (***6923**) e María Luisa Vicente Comojo (***3880**).

Novas titulares: Susana Vicente Comojo (***6923**) e María Luisa Vicente Comojo (***3880**).

As novas titulares da concesión quedan subrogadas nos dereitos e obrigas das anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 1 de marzo de 2021

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña