Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 22 de marzo de 2021 Páx. 15853

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 5 de marzo de 2021, da Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico, polo que se notifica a resolución pola que se declara a extinción por causa de caducidade dunha concesión hidráulica (LU/25/98).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícaselle ao titular do NIF B15524549, pertencente a Aprenar, S.L., a resolución pola que se declara a extinción por causa de caducidade dunha concesión de augas no río Figueiras, no concello de Mondoñedo.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro dos documentos que conforman o expediente e constancia de tal coñecemento. Así mesmo, indícase que poderá interpoñerse recurso de alzada ante a presidencia de Augas de Galicia no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da comparecencia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que se poida exercer, de ser o caso, calquera outro que se considere procedente.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2021

Roberto Arias Sánchez
Subdirector xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico