Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 22 de marzo de 2021 Páx. 15850

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, de alleamento mediante poxa da patrulleira Serra Barbanza, polo procedemento de oferta en sobre pechado con apertura en acto público.

De conformidade co disposto no artigo 66 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en aplicación da orde de alleamento da Consellería do Mar do 15 de febreiro de 2021, anúnciase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e na seguinte ligazón: https://mar.xunta.gal/gl/conselleria/transparencia-e-goberno-aberto/poxas-publicas-de-bens-mobles-patrimoniais o inicio do procedemento para o alleamento mediante poxa pública da patrulleira Serra Barbanza.

1. Obxecto da poxa: alleamento da patrulleira Serra Barbanza, con matrícula 8ª VI-5-2-91, que se atopa desafectada do servizo público mediante a Resolución da Consellería do Mar do 4.6.2019.

A descrición técnica en detalle e a taxación da patrulleira recóllense no informe de valoración que pode ser consultado na seguinte ligazón: https://mar.xunta.gal/gl/conselleria/transparencia-e-goberno-aberto/poxas-publicas-de-bens-mobles-patrimoniais ou solicitado na Subdirección Xeral de Coordinación Orzamentaria e Contratación da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, Edificio Administrativo San Caetano-Edificio dos espellos, 2º andar.

2. Prezo base de licitación: o prezo base de saída que se ofertará á alza para a poxa prevista é o seguinte:

Para a embarcación Serra Barbanza, con matrícula: 8ª VI-5-2-91:

– O tipo de licitación en primeira convocatoria será de dez mil euros (10.000,00 €).

– O tipo de licitación en segunda convocatoria será de oito mil cincocentos euros (8.500,00 €).

– O tipo de licitación en terceira convocatoria será de sete mil euros (7.000,00 €).

3. Poxas sucesivas: no caso de que non resulte adxudicada a patrulleira na primeira convocatoria, convocaranse sucesivamente e sen solución de continuidade ata dúas convocatorias máis.

4. Garantía provisional exixida: o licitador estará obrigado a constituír e presentar unha garantía equivalente ao 20 % do prezo base correspondente á convocatoria.

5. O ben obxecto desta poxa poderá ser examinado polas persoas interesadas, para o que deberán dirixirse á Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia, correo electrónico: lino.sexto.bermudez@xunta.gal, teléfono: sala de operacións: 981 54 40 70.

6. Prazo de presentación de proposicións: presentaranse no prazo de vinte días naturais contado desde o día seguinte ao da data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Lugar de presentación de proposicións: os sobres entregaranse na Oficina do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña). A forma de presentar as proposicións e o seu contido serán os indicados no prego de condicións regulador da poxa.

8. O acto público de apertura de sobres pola Mesa farase en primeira convocatoria e, se for o caso, segunda e terceira convocatoria, o 12º día hábil seguinte ao remate do prazo de presentación de ofertas, ás 12.00, 12.30 ou 13.00 horas, respectivamente, na sala de xuntas da Consellería do Mar, Edificio Administrativo San Caetano-Edificio dos espellos, 2º andar.

9. Gastos dos anuncios: serán na súa totalidade por conta exclusiva do adxudicatario.

10. O prego de condicións que rexerá na poxa poderá obterse na seguinte ligazón: https://mar.xunta.gal/gl/conselleria/transparencia-e-goberno-aberto/poxas-publicas-de-bens-mobles-patrimoniais ou solicitarse na Subdirección Xeral de Coordinación Orzamentaria e Contratación da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, Edificio Administrativo San Caetano-Edificio dos espellos, 2º andar.

11. Teléfonos de información: 981 54 49 90 e 981 54 57 44.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2021

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaría xeral técnica da Consellería do Mar