Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 22 de marzo de 2021 Páx. 15854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 5 de marzo de 2021 polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente de autorización en materia de dominio público hidráulico DH.W15.47214 e oito máis.

A persoa titular da Dirección de Augas de Galicia ditou a resolución dos expedientes de autorización de clave DH.W15.47214 e oito máis, que se indican no anexo.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado, con xustificante de recepción, no domicilio que consta no correspondente expediente, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes se atopan á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Comunícaselles que, contra a resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2021

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente clave

DNI/NIE do/da interesado/a

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.W15.47214

76322596V

 3.2.2021

Favorable

DH.A36.16635

00806045X

10.6.2020

Favorable

DH.A36.55368

X6966730F

 2.11.2020

Favorable

DH.W36.71500

53174484W

18.9.2020

Favorable

DH.W36.70548

76803863D

19.11.2020

Favorable

DH.W36.72919

76839518Z

 5.11.2020

Favorable

DH.B36.71943

33233458E

 1.10.2020

Favorable

DH.B36.73154

35449961S

18.12.2020

Favorable

DH.B36.71940

35439919R

18.12.2020

Favorable