Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 22 de marzo de 2021 Páx. 15817

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 82/2019).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 82/2019 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Agravella, S.L., Hostecarba, S.L., Boncarba, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Na Coruña o vinte e nove de xaneiro de dous mil vinte e un.

Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2, tras ver o presente procedemento ordinario 82/2019 por instancia de José Antonio Lodeiro Aller, que comparece por si mesmo asistido do letrado José Miguel Orantes Canales, contra Agravella, S.L., Hostecarba, S.L., Boncarba, S.L., Fogasa, que non comparecen malia constar citados en legal forma.

En nome do rei, pronunciou a seguinte sentenza,

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Antonio Lodeiro Aller fronte a Hostecarba, S.L., Agravella, S.L. e Boncarba, S.L., con intervención procesual do Fogasa, e, en consecuencia:

1. Condeno a empresa Hostecarba, S.L. a que aboe á parte demandante a cantidade de 8.300,87 euros, que se incrementarán cos xuros previstos no artigo 29.3 do ET.

2. Desestimo as pretensións formuladas fronte ás codemandadas Agravella, S.L. e Boncarba, S.L., e absolvo tales demandadas respecto das pretensións contra elas formuladas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta é firme e fronte a ela non cabe recurso.

Remítase o orixinal ao libro de sentenzas, deixando testemuño en autos.

Así por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que sirva de notificación en legal forma a Agravella, S.L., Hostecarba, S.L., Boncarba, S.L., así como ao seu administrador único Jacobo Carballal Iglesias, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de marzo de 2021

A letrada da Administración de xustiza