Eu, Lourdes Villegas Castrillo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 12 da Coruña, fago saber que neste xulgado e co número 939/2017-AG se seguen autos de xuízo verbal (desafiuzamento precario) entre as partes que logo se dirán, nos cales se ditou sentenza cuxo encabezamento é do teor literal seguinte:
«Sentenza:
Xuíza que a dita: Minia Rubio Blanco
Lugar: A Coruña
Data: 10 de setembro de 2020
Vistos por Minia Rubio Blanco, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 12 da Coruña, estes autos de xuízo verbal número 939/2017, seguidos ante este xulgado por instancia de Coral Homes, S.L.U., representada polo procurador Juan Antonio Garrido Pardo e asistida da letrada María Jesús Ferreiro Gómez, e fronte a ocupantes de r/ Miguel Servet, 4 (A Coruña), en situación procesual de rebeldía».
Para que conste e lle sirva de notificación de sentenza á parte demandada, ocupantes de r/ Miguel Servet, 4 (A Coruña), por medio deste edicto que se publicará no Diario Oficial de Galicia, facéndolles saber que teñen á súa disposición neste xulgado unha copia da sentenza e que contra ela cabe recurso de apelación no prazo de vinte días desde a súa notificación, expido e asino este edicto.
A Coruña, 3 de novembro de 2020
A letrada da Administración de xustiza