Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 18 de marzo de 2021 Páx. 15469

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta, do 4 de febreiro de 2021, polo que se autoriza a transmisión das licenzas para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica nas localidades de Santiago de Compostela (105.6 MHz) e A Coruña (87.7 MHz), a favor de 21’STH GB World Time Media, S.L.

Unha vez adoptado o acordo polo Consello da Xunta de Galicia na sesión do día 4 de febreiro de 2021,

RESOLVO:

Dar publicidade do Acordo do Consello da Xunta do 4 de febreiro de 2021 que a seguir se transcribe:

«Primeiro. Autorizar a transmisión da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica na localidade de Santiago de Compostela na frecuencia 105.6 MHz, da que é titular Sauzal 66, S.L., a favor de 21’STH GB World Time Media, S.L.

Segundo. Autorizar a transmisión da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica na localidade da Coruña na frecuencia 87.7 MHz, da que é titular Sauzal 66, S.L., a favor de 21’STH GB World Time Media, S.L.».

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2021

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios