Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 18 de marzo de 2021 Páx. 15470

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 7001/2021, interposto contra o Decreto 218/2020, do 3 de decembro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto denominado Parque do Barrio do Hospital, no termo municipal de Monforte de Lemos (Lugo).

A Secretaría Xeral Técnica recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (sección terceira) polo que solicita o expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo PO 7001/2021, interpuesto polo procurador Juan Lage Fernandez Cervera, en nome e representación de Gas Monforte, S.L. contra o Decreto 218/2020, do 3 de decembro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto denominado Parque do Barrio do Hospital, no termo municipal de Monforte de Lemos (Lugo).

En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, esta Secretaría Xeral Técnica remitiu o correspondente expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas para que poidan comparecer como parte nos autos ante a referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2021

Beatriz Cuíña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo