Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 18 de marzo de 2021 Páx. 15471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 277/2020, interposto polo Concello de Monforte de Lemos (Lugo) contra a Resolución do 25 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Administración Local, ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia para o ano 2020, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida (Diario Oficial de Galicia número 247, do 30 de decembro).

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela no cal se lle require a remisión do expediente administrativo e ordena o emprazamento aos interesados no recurso contencioso-administrativo (procedemento ordinario 277/2020) interposto polo Concello de Monforte de Lemos (Lugo) contra a Resolución do 25 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Administración Local, sobre inadmisión do proxecto de renovación de pavimentos e sinalizacion, mellora da seguridade viaria e accesibilidade, adecuación puntual da rede de augas pluviais, ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia para o ano 2020, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida (DOG núm. 247, do 30 de decembro).

Segundo o disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a Secretaría Xeral Técnica remitiu o correspondente expediente administrativo ao referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas para que poidan comparecer como parte nos autos ante a referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2021

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Xustiza e Turismo