Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 18 de marzo de 2021 Páx. 15473

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 19 de febreiro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2020/216-1).

Expediente: IN407A 2020/216-1.

Solicitante: Hidroelectrica de Laracha, S.L.

Denominación: LMT CT Santa Margarida e enlace coa RBT.

Concello: A Laracha.

Características técnicas:

– LMTS a 15 kV, de 471 m, condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV, 3 (1×150 Al), con orixe no PA/S proxectado no apoio nº 55-31 proxectado tipo C-14/3000 en substitución do existente da LMTA LMT A CT Santa Margarita (expediente 51.643) e remate no PA/S proxectado no apoio existente 55-35, proxectado tipo C-14/3000 en substitución do existente da LMT A CT Canedo (expediente 50.858), logo de facer E/S no CT proxectado. Desmontaxe de LMTA existente nos tramos seguintes:

LMTA LMTA LMT a CT Santa Margarita (expediente 51.643) a 15 kV, de 281 m, condutor tipo LA-30, con orixe no apoio existente 55-29, tipo HV-13/1000, e remate no apoio 55-31 proxectado tipo C-14/3000 en substitución do existente.

LMTA LMT a CT Canedo (expediente 50.858) a 15 kV, de 192 m, condutor tipo LA-30, con orixe no apoio existente 55-35, proxectado tipo C-14/3000 en substitución do existente, e remate no apoio 55-37 existente tipo HV-15/1600.

– Novo CT Santa Margarida compacto prefabricado, cunha potencia de 160 kVA, unha relación de transformación de 15.000-20.000/400-230 V e configuración 2L+1P. Desmontaxe do CT existente (expediente 51.643).

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará a disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, nº 2-2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 70 e 981 18 49 38), así como no concello da Laracha. Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte.

A Coruña, 19 de febreiro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2020/216-1.

Solicitante: Hidroelectrica de Laracha, S.L.

Denominación: LMT CT Santa Margarida e enlace coa RBT.

Concello: A Laracha.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Número de predio: 1.

Paraxe: Santa Margarida.

Cultivo: urbano.

Propietario: Jesús Javier Lista Puente.

Afección:

– Centro de transformación. Superficie edificación, 47 m².

Número de predio: 2.

Paraxe: polígono 121-parcela 380-Coto Vello.

Cultivo: prado.

Propietario: Ricardo Loureiro Iglesias.

Afeccións:

– Apoios números 55-35, superficie 10 m².

– LMT subterránea: lonxitude 52 m, superficie 156 m².

Número de predio: 3.

Paraxe: polígono 122-parcela 262-Fonte.

Cultivo: prado.

Propietaria: María del Carmen Mallo Ramilo.

Afeccións:

– Apoios números 55-31, superficie 10 m².

– LMT subterránea: lonxitude 5 m, superficie 15 m².