Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 17 de marzo de 2021 Páx. 15231

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (SS 949/2018).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 949/2018 deste xulgado do social, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo que desestimo a demanda formulada por Roberto Soto Ameal contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e absolvo a entidade demandada das pretensións formuladas fronte a ela.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e contra ela cabe formular recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución ou por simple manifestación no momento en que se realice a notificación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Conyprofuer, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza