Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 17 de marzo de 2021 Páx. 15230

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 90/2019).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 90/2019 deste xulgado do social se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Resolvo que debo estimar e estimo integramente a demanda que en materia de cantidade interpuxo Luis Antonio Vázquez Rey contra Varaderos Lazareto, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que lle aboe á parte demandante a cantidade de 4.399,78 euros que se incrementará co xuro do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET).

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe formular recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución ou por simple manifestación no momento en que se efectúe a notificación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Varaderos Lazareto, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza