Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 16 de marzo de 2021 Páx. 15052

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 5 de marzo de 2021 pola que se modifica a Orde do 24 de febreiro de 2020 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

A disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, suspendeu e interrompeu os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público, e estableceuse que o cómputo dos prazos continuará no momento en que perda vixencia o citado real decreto ou as prórrogas deste.

Sucesivas prórrogas do estado de alarma impediron a apertura do prazo de presentación de solicitudes de participación nos procedementos selectivos convocados ata o día 1 de xuño de 2020. Isto fixo inviable a realización de todos os trámites administrativos necesarios para que as probas selectivas puidesen iniciarse a finais do mes de xuño e, polo tanto, obriga a adiar o inicio do desenvolvemento do probas selectivas ao mes de xuño do ano 2021.

Como consecuencia ditouse a Orde do 30 de xullo de 2020 para modificar determinadas epígrafes da Orde do 24 de febreiro de 2020 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

Nesta orde recollíase unha modificación sobre o momento en que o persoal interino debería xustificar a presentación aos procedementos selectivos convocados por outras administracións educativas e indicábase que as novas datas en que terían lugar o sorteo dos tribunais, o acto de presentación, entre outras, publicaríanse na páxina web da consellería. Coas modificacións que se efectúan agora esta Orde do 30 de xullo de 2020 queda sen efecto.

Pola súa vez, a disposición adicional segunda da Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, estableceu que a situación de emerxencia sanitaria derivada da pandemia da COVID-19 constitúe unha causa de forza maior que xustifica que naqueles procesos selectivos que, pola dita causa, non poidan desenvolverse regularmente, e tanto se están convocados no momento da entrada en vigor da lei como se son convocados con posterioridade, a persoa titular da consellaría competente en materia de educación pode, entre outras medidas, fixar datas alternativas para a realización de exercicios de procesos selectivos a aquelas persoas aspirantes que non poidan participar neles na data inicialmente sinalada por estaren cumprindo unha medida de illamento ou en corentena que teñan prescrita por ser persoa infectada por COVID-19 ou contacto estreito, debendo fixarse a data alternativa con garantías de non alteración do desenvolvemento normal do correspondente proceso selectivo.

A teor do anteriormente exposto e de acordo coa evolución da crise epidemiolóxica e sanitaria, é preciso modificar algunha das epígrafes da orde coa finalidade de garantir a realización do proceso selectivo nun contexto adecuado e seguro de modo que se suprime o acto de presentación do procedemento que implica, pola súa vez, modificar a asignación de prazas aos tribunais e, ademais, suprímese a obriga de participar no procedemento selectivo ao persoal docente interino e substituto que presta servizos en calquera especialidade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, fíxase a data de comezo do devandito proceso, así como as datas de celebración das probas de coñecemento da lingua galega e castelá e a data do sorteo público das persoas integrantes dos tribunais e introdúcese unha data de realización alternativa da primeira proba para aquelas persoas que acrediten estar en situación de illamento ou corentena por ser persoa infectada por COVID-19 ou contacto estreito.

Na súa virtude, esta Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ACORDA:

A Orde do 24 de febreiro de 2020 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), queda modificada do seguinte xeito:

Primeiro. O número 1.6 queda redactado como segue:

«1.6. Asignación de prazas aos tribunais.

Nas especialidades en que se nomee máis dun tribunal, as prazas da quenda libre e, se é o caso, as que queden vacantes da reserva de persoas con discapacidade do sistema de ingreso serán atribuídas a cada tribunal por resolución do director xeral de Centros e Recursos Humanos en proporción ao número de persoas aspirantes das quendas libres presentadas á primeira parte da primeira proba establecida nas bases décimo terceira e décimo cuarta da presente orde e, se é o caso, persoas aspirantes da quenda da reserva de persoas con discapacidade que superaron a fase de oposición e non entraron na lista de persoas aprobadas do concurso-oposición por esta quenda. De existir empate nos restos dos cocientes a adxudicación das prazas iniciarase polo tribunal que resulte do sorteo que realizará a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e, se for necesario, os seguintes.

A praza que, se é o caso, quede vacante da reserva de persoas con discapacidade da inspección educativa acumularase ás prazas da quenda libre.

As prazas que, se é o caso, queden vacantes da reserva de persoas con discapacidade da quenda A1-A1 acumularanse ás prazas xerais da quenda A1-A1.

As prazas que, se é o caso, queden vacantes da reserva de persoas con discapacidade das quendas A2-A1 acumularanse ás prazas xerais da quenda A2-A1.

As prazas que, se é o caso, queden vacantes da quenda A1-A1 e A2-A1 non se acumularán á quenda libre».

Segundo. O último parágrafo do número 3.1 queda redactado como segue:

«Non poderá presentarse máis dunha solicitude de participación para un mesmo corpo, salvo que se opte por máis dunha especialidade. Non obstante, a presentación de máis dunha solicitude non garante que o persoal aspirante poida asistir á realización das probas de máis dunha especialidade».

Terceiro. O número 3.4 queda redactado como segue:

«3.4. Obriga de participación.

De conformidade coa Resolución do 26 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do acordo entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e as organizacións sindicais ANPE, CC.OO., CSIF e FETE-UGT polo que se engade unha nova disposición transitoria ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que imparte ensinanzas distintas das universitarias, o persoal docente que consolidou o posto nunha lista para prestar servizos como persoal docente interino ou substituto en calquera especialidade dos distintos corpos non estará obrigado a participar no procedemento selectivo para ingreso na función pública docente que se celebre no ano 2021».

Cuarto. O último parágrafo do número 7.2 queda redactado como segue:

«Naquelas especialidades en que non exista persoal funcionario de carreira na Comunidade Autónoma de Galicia ou este sexa insuficiente, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nomeará ou completará o tribunal con persoal docente funcionario de carreira doutras especialidades do mesmo corpo ou doutro corpo do mesmo ou superior subgrupo de clasificación e poderá designar o persoal asesor que, de ser o caso, sexa necesario. Tamén poderá nomear para completar os tribunais o persoal funcionario de carreira dependente doutras comunidades autónomas».

Quinto. O penúltimo parágrafo do número 7.3 queda redactado como segue:

«De non poder actuar tampouco os/as suplentes, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos designará a seguinte persoa segundo a relación alfabética da especialidade, empezando pola letra a que se fai mención no último parágrafo do número 10.2 da presente convocatoria e, de resultar necesario, o persoal vogal suplente doutros tribunais da mesma especialidade que non foron chamados para constituír tribunal».

Sexto. O número 7.5 queda redactado como segue:

«7.5. Sorteo público.

O sorteo público terá lugar o día 29 de abril de 2021, ás nove horas, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. O sorteo poderá ser seguido por medios telemáticos polas organizacións sindicais con presenza na mesa sectorial docente non universitaria».

Sétimo. O número 8.1 queda redactado como segue:

«8.1. As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do castelán de acordo co establecido na subepígrafe 3.2.1.d) deberán realizar unha proba, na cal se comprobará que posúen un nivel adecuado de comprensión escrita desta lingua. A proba de acreditación do coñecemento do castelán terá lugar o día 22 de maio de 2021, ás 17.00 horas, na sede ou sedes que determine a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos na resolución pola que se proceda a nomear e facer pública a composición do tribunal que xulgará a proba de acreditación do coñecemento da lingua castelá e que se publicará na páxina web da consellería».

Oitavo. O terceiro parágrafo do número 9.1 queda redactado como segue:

«Esta proba, que se le levará a cabo de forma escrita, consistirá na resposta a varias cuestións sobre o temario de lingua galega que figura como anexo V e nunha tradución do castelán para o galego. A proba terá lugar o día 22 de maio de 2021, ás 18.00 horas, na sede ou sedes que determine a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos na resolución pola que se proceda a nomear e facer pública a composición do tribunal que xulgará a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e que se publicará na páxina web da consellería».

Noveno. O número 10.1 queda redactado como segue:

«10.1. Comezo.

O procedemento selectivo dará comezo coa realización da primeira parte da primeira proba os días 19, 20, 23, 24 e 25 de xuño de 2021 segundo a especialidade e tribunal polo que se participe. Os tribunais identificarán as persoas aspirantes, que deberán ir provistas do documento nacional de identidade ou documento similar que acredite a súa identidade.

Os tribunais con anterioridade ao comezo da primeira proba publicarán na páxina web www.edu.xunta.gal/oposicions as instrucións e indicacións que consideren precisas para o mellor desenvolvemento do proceso selectivo.

Aquelas persoas aspirantes que non poidan realizar a primeira proba nas datas establecidas no parágrafo anterior por razóns de maternidade ou por estaren cumprindo unha medida de illamento ou corentena por ser persoa infectada por COVID-19 ou contacto estreito poderán realizala o día 10 de xullo de 2021 e comunicaranlle ao tribunal a que estean asignadas a súa situación de illamento ou corentena nun prazo máximo de 48 horas contado a partir da finalización da primeira proba da especialidade pola que participan. Xunto coa dita comunicación deberán achegar o certificado do facultativo de atención primaria que acredite esta situación.

Oitavo. O número 10.3.1 queda redactado como segue:

«10.3.1. O persoal aspirante será convocado, a través da páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade www.edu.xunta.gal/oposicions para a realización, de ser o caso, da proba de acreditación do coñecemento do castelán, da proba de coñecementos da lingua galega, da primeira parte da proba do corpo de inspectores de educación prevista na base décimo segunda, das dúas partes que integran a primeira proba prevista na base décimo terceira e seguintes desta convocatoria, con cinco días hábiles de antelación, como mínimo, indicando a data, a hora e o lugar en que se realizarán estes actos».

Noveno. O número 10.7 queda redactado como segue:

Se a realización dalgunha das partes da primeira proba coincide co ingreso hospitalario dalgunha das aspirantes ou do informe facultativo se deduce a imposibilidade de asistir á realización da primeira proba por causas derivadas do embarazo, estas persoas aspirantes poderán realizar a proba o día previsto no número 1 desta base común 10. En todo caso, o tribunal adoptará as medidas oportunas para impedir a discriminación por razón de sexo.

Décimo. O número 13.3.1 queda redactado como segue:

13.3.1. Parte A: incluirá unha proba práctica consistente na realización dunha serie de exercicios, que serán preferentemente por escrito, que se axustará, para cada especialidade, ao disposto no anexo VI desta orde, e que permitirá comprobar que o persoal aspirante posúe a formación científica e o dominio das habilidades técnicas correspondentes á especialidade á cal se opte. O tempo para a realización desta proba será establecido polos tribunais.

Décimo primeira. A disposición adicional única pasa a ser a disposición adicional primeira e engádese unha disposición adicional segunda coa seguinte redacción:

«Disposición adicional segunda. Ao rematar o procedemento selectivo os tribunais publicarán na páxina web www.edu.xunta.gal/oposicions os enunciados dos exercicios prácticos da primeira proba e, cando proceda, as solucións destes.

Disposición derradeira primeira. Recursos

De conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 10, 14 e 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade