Tras ser convocada a provisión dun posto de persoal directivo vacante na Axencia Galega de Innovación mediante a Resolución do 8 de xaneiro de 2021 (DOG número 12, do 20 de xaneiro), de conformidade co establecido no artigo sete das bases da convocatoria e no artigo 79 da Lei 16/2010, do 17 de decembro,
DISPOÑO:
Primeiro. Dar publicidade do acordo do Consello Reitor da Axencia Galega de Innovación, que tivo lugar o 4 de marzo de 2021, sobre o nomeamento dun posto de persoal directivo vacante na Axencia Galega de Innovación, anunciado pola Resolución do 8 de xaneiro de 2021 (DOG núm. 12, do 20 de xaneiro).
Segundo. A persoa nomeada para o desempeño do posto de traballo de referencia exprésase no anexo desta resolución.
Terceiro. Contra o acordo do Consello Reitor os/as interesados/as poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, según o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2021
Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación
ANEXO
Apelidos e nome: Fernández Liz, Patricia.
Denominación do posto: director/a da Área de Servizos.
Código: EI.A11.00.003.15770.001.
Directivo grupo III, nivel 2.
Localidade: Santiago de Compostela.