Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 15 de marzo de 2021 Páx. 14910

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de marzo de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Pazo, Bouza e Pasada e a de Calvo e Redondonio, do concello de Moraña, ao respecto da estrema común dos seus montes.

Para os efectos previstos no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra o 4 de febreiro 2021, en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Pazo, Bouza e Pasada e a de Calvo e Redondonio, concello de Moraña, ao respecto da estrema común dos seus montes (expediente PO-DESC-02/2017).

Feitos:

Primeiro. O 28.3.2017 Celso Piñeiro Gómez, en calidade de presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (en diante CMVMC) de Pazo, Bouza e Pasada, solicita iniciar o procedemento de deslindamento entre a CMVMC de Pazo, Bouza e Pasada e a CMVMC de Calvo e Redondonio, ambas no concello de Moraña.

No expediente consta a seguinte documentación, consonte o artigo 53 da Lei 7/2012:

– Acta de deslindamento.

– Memoria descritiva coas fotos dos oito marcos e planos topográficos.

– Acta de conciliación levantada no Xulgado de Paz de Moraña.

– Certificados da aprobación do deslindamento nas asembleas xerais das comunidades.

– Informe de validación gráfica do deslindamento co CSV: ZP7FDRYRTF9YRWZR.

Segundo. O 17.4.2017, a Sección de Topografía informa:

«Nesta parroquia de Rebón existiu o antigo monte de utilidade pública número 114-1º que non foi deslindado nin marcado. Estas dúas comunidades están sen deslindar. Os esbozos das dúas comunidades solápanse».

Terceiro. Os montes afectados por este deslindamento foron clasificados por resolución do Xurado de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, segundo a seguinte descrición:

1. Monte Carrasqueira e Castiñeira ou Revolta, clasificado o 3.11.1992 a favor dos veciños de Pazos, coas seguintes estremas e superficie:

– Cabida: 10,36 ha.

– Estremas:

Norte: muro e propiedades particulares.

Sur e leste: muros entre propiedades particulares e camiño entre monte veciñal do lugar de Calvo.

Oeste: muro entre propiedades particulares.

2. Monte Acival, clasificado o 20.11.1979 a favor dos veciños de Calvo-Rebón, coas seguintes estremas e superficie:

– Cabida: 47,5 ha.

– Estremas:

Norte: predios particulares.

Sur: monte de Rebón de Arriba.

Leste: estrada Rebón-Moraña.

Oeste: Outeiro da Besta.

Cuarto. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o 16.10.2019, acorda aprobar a revisión do esbozo do todos os montes clasificados á CMVMC de Pazo, Bouza e Pasada, segundo a proposta do Servizo de Montes e a planimetría elaborada polo mesmo servizo.

Nesta revisión, o monte Carrasqueira, Castiñeira ou Revolta queda cos mesmos límites xerais da clasificación, pero cunha cabida de 6,26 ha, coincidente con parte da parcela 36032A03700612.

Quinto. A descrición da liña vén dada:

– Polo informe de validación gráfica co CSV: ZP7FDRYRTF9YRWZR.

– Polos oito puntos tomados no campo, segundo a acta de deslindamento do 19.5.2016 e a memoria descritiva do enxeñeiro técnico forestal Amancio Serrapio Soárez, coas seguintes coordenadas:

Liña de deslindamento montes Pazo, Bouza e Pasada-Calvo e Redondonio

Coordenadas ETRS 1989 (zona 29N)

Punto

UTM X

UTM Y

P1

532.729,9

4.710.732,5

P2

532.699,5

4.710.689,2

P3

532.679,0

4.710.665,1

P4

532.650,7

4.710.625,6

P5

532.618,3

4.710.586,2

P6

532.590,0

4.710.545,7

P7

532.560,5

4.710.504,9

P8

532.532,4

4.710.465,9

A liña de deslindamento divide en dúas a parcela catastral 36032A037006120000IL, a nome da Asociación de Veciños do lugar de Calvo-Rebón.

Sexto. Segundo a resolución de clasificación do monte Carrasqueira e Castiñeira ou Revolta, a CMVMC de Pazo, Bouza e Pasada linda coa comunidade de Calvo e Redondonio polos ventos leste e sur, e os esbozos das dúas comunidades solápanse.

Tendo en conta todo o anterior, o 10.12.2020 o Servizo de Montes informa de xeito favorable este deslindamento, segundo a liña presentada co CSV: ZP7FDRYRTF9YRWZR, e as coordenadas dos oito puntos tomados no campo, referidas no punto quinto deste informe, xunto coa modificación dos respectivos esbozos, segundo este deslindamento (acompaña este informe o plano de deslindamento).

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, regula nos artigos 52 e 53 o procedemento de deslindamento entre os montes veciñais en man común e establece, entre outras, a obriga de publicar a resolución do Xurado no Diario Oficial de Galicia.

Segunda. Da documentación fornecida polas comunidades e do informe técnico do Servizo de Montes desta xefatura territorial, conclúese que a avinza entre as CMVMC de Pazo, Bouza e Pasada e a de Calvo e Redondonio é congruente coas respectivas resolucións de clasificación e coas estremas nelas descritas.

Revisada a liña de deslindamento presentada, a documentación achegada, o informe técnico do Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra e en atención ao disposto nos artigos 52 a 54 e na disposición transitoria décimo cuarta da Lei 7/2012, de montes de Galicia, este Xurado Provincial por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Primeiro. Aprobar o deslindamento parcial realizado entre as CMVMC de Pazo, Bouza e Pasada e a de Calvo e Redondonio, no concello de Moraña, respecto da súa estrema común, nos termos indicados no feito quinto, e de acordo cos planos topográficos achegados e validados mediante informe técnico do Servizo de Montes.

Segundo. Notificar este acordo as comunidades propietarias afectadas e publicalo no Diario Oficial de Galicia para dar cumprimento ao disposto na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e cos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 1 de marzo de 2021

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra