Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 12 de marzo de 2021 Páx. 14512

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo

EDICTO (902/2014).

Eu, Francisco Rascado González, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo, fago saber que no presente procedemento de XVB 902/14-MA, seguido por instancia de Muñoz y Tercero Calzados, S.L. fronte a Comercial Lucavi, Sociedad Cooperativa, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Xuíz que a dita: maxistrada Flora Lomo del Olmo.

Lugar: Vigo.

Data: 1 de outubro de 2015.

Demandante: Muñoz Tercero Calzados, S.L.

Avogado/a: Mario Marcos Martínez.

Procurador/a: Pablo Acosta Padín.

Demandada: Comercial Lucavi, Sociedad Cooperativa.

(Rebeldía)

Resolvo que, estimando a demanda promovida polo procurador Pablo Acosta Padín, en nome e representación da entidade Muñoz y Tercero Calzados, S.L. fronte á mercantil Comercial Lucavi, Sociedad Cooperativa, debo condenar e condeno a esta a aboarlle a cantidade de 2.700,45 euros, máis os xuros legais correspondentes desde a data da súa interposición, con imposición das custas causadas.

Advirto as partes que contra esta sentenza non cabe interpoñer recurso ningún.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar a dita demandada Comercial Lucavi, Sociedad Cooperativa, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 25 de xaneiro de 2021

O letrado da Administración de xustiza