Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 12 de marzo de 2021 Páx. 14511

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Noia

EDICTO (XVB 58/2020).

Neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Noia seguiuse procedemento civil baixo o número 58/2020 contra María Dolores Quintela Barreiro e Manuela Barreiro Blanco, así como os seus posibles e ignorados herdeiros para o suposto de que estas falecesen, que finalizou con sentenza do 19.1.2021, que non é firme e contra a cal cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días contado desde o seguinte ao da publicación deste edicto. O interesado poderá obter na secretaría do xulgado copia e coñecemento íntegro da referida sentenza.

Noia, 4 de febreiro de 2021

O/a letrado/a da Administración de xustiza