Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 12 de marzo de 2021 Páx. 14509

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2021 pola que se nomea profesorado de corpos docentes universitarios.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante Resolución desta universidade do 2 novembro de 2020 (BOE do 12 de novembro), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria.

Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro) e demais disposicións concordantes, resolve efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, a persoa interesada poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Nº concurso

Nome

Apelidos

DNI/NIE

Corpo docente

Área de coñecemento

Departamento

Localidade

Código praza

2465/20

Mª Josefa

Fernández Sanjurjo

***6022**

Titular de universidade

Edafoloxía e Química Agrícola

Edafoloxía e Química Agrícola

Lugo

C01784

2466/20

Javier

Montenegro García

***6851**

Titular de universidade

Química Orgánica

Química Orgánica

Santiago de Compostela

C01828

2467/20

Martín

Fañanás Mastral

***4728**

Titular de universidade

Química Orgánica

Química Orgánica

Santiago de Compostela

C01831