Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 11 de marzo de 2021 Páx. 14297

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (486/2020).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social núm. 4 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 486/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Miguel Castro Blanco contra Construcciones y Derivados Altobello, S.L., sobre despedimento, se ditou resolución con data do 12 de xaneiro de 2021 en cuxa parte dispositiva consta:

«Decido:

Estímase a demanda formulada por José Miguel Castro Blanco fronte á empresa Construcciones y Derivados Altobello, S.L. e, en consecuencia:

Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Construcciones y Derivados Altobello, S.L. ao traballador.

– Condénase a empresa Construcciones y Derivados Altobello, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 4.208,38 euros, o aboamento da dita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 69,56 euros diarios.

– Condénase a empresa Construcciones y Derivados Altobello, S.L. a aboar a José Miguel Castro Blanco a cantidade de mil seiscentos cincuenta e sete euros con sesenta e seis céntimos de euro (1.657,66 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado e fará constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, o manda e o asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social núm. 4 da Coruña».

Publicación. A presente sentenza leuna e publicouna o xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, en audiencia pública. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones y Derivados Altobello, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza