Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 11 de marzo de 2021 Páx. 14339

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 3 de marzo de 2021 pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento para a declaración de abandono da embarcación Chola depositada nunha nave do porto de Tragove.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase a José Manuel Sertal Solla, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o Acordo do 9 de decembro de 2020, da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia, que inicia o procedemento para a declaración de abandono da embarcación de nome Chola, con matrícula 7ª-BA-2-299, depositada na nave de depósitos do porto de Tragove, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O acordo emítese por atoparse a embarcación depositada na nave do porto de Tragove onde foi trasladada en decembro de 2019 por atoparse en estado de abandono e semiafundida no porto das Corbaceiras (Pontevedra), con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro).

O órgano competente para a resolución deste procedemento é a presidenta de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, letras a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, e o seu réxime de recusación é o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Outórgase ao propietario da embarcación un prazo máximo de 10 días para formular alegacións.

Advírtese que, de acordo coa normativa mais arriba citada, chegado o termo de declarar o buque abandonado, este pasará a ser propiedade de Portos de Galicia, o que non impedirá que todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se realicen sobre o buque sexan por conta do anterior propietario.

Para o seu exame, o expediente atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2021

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia