Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 11 de marzo de 2021 Páx. 14341

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña, procedemento abreviado 216/2020.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 4 da Coruña tramítase o recurso 216/2020 (procedemento abreviado) de María Belén Ruíz Salvador, contra a Resolución do 22 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (DOG núm. 198, do 30 de setembro).

Categoría: facultativo/a especialista de área de psicoloxía clínica.

Acceso: libre.

Ámbito: distrito sanitario da Coruña.

Epígrafes: experiencia, formación académica e formación continuada.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado, no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2021

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos