Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 10 de marzo de 2021 Páx. 14034

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (DSP 672/2019).

Eu, Sinesio Novo Fernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 672/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mercedes Gómez Arias e Sonia Sánchez Fuentes contra Aurejor, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a Resolución do 17.2.2021 contra a que cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación. Faise saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Aurejor, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de febreiro de 2021

O letrado da Administración de xustiza