Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 10 de marzo de 2021 Páx. 14035

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (SSS 1042/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 1042/2019 deste xulgado do social se ditou sentenza contra a que se pode interpoñer o oportuno recurso de apelación no prazo de cinco días. Faise saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da dita resolución na secretaría do dito órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Comercial Nieto, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción en Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza