Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 10 de marzo de 2021 Páx. 14032

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Noia

EDICTO (DIH 363/2015).

Eu, María Isabel Parajó Martínez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Noia, fago saber que neste xulgado e baixo o número 363/2015 se seguen autos de división de herdanza dos causantes Ramón Laíño Suárez e Emerenciana Suárez Suárez en que se ditou sentenza o 30 de decembro de 2020, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Acordo estimar parcialmente a oposición promovida polo procurador Francisco José Gómez Castro, en representación de María Dolores Laíño Suárez, fronte á proposta de caderno particional efectuada pola contadora partidora e, en consecuencia, devolver o caderno a esta co fin de proceda á súa elaboración conforme o disposto nesta resolución.

Todo iso sen expreso pronunciamento de condena en custas.

Notifíquese esta resolución ás partes comparecidas e fágaselles saber que esta non é firme polo que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña conforme o disposto no artigo 458 da LAC, logo de consignación do depósito previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX».

E para que sirva de notificación en forma a Luz Divina Laíño Suarez, actualmente en ignorado paradoiro, expido o presente edicto.

Noia, 4 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza