Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 9 de marzo de 2021 Páx. 13805

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 19 de febreiro de 2021 pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) o mantemento da cuberta de selaxe e a rede de pluviais e o bombeo, a carga e a xestión do lixiviado do vertedoiro de residuos non perigosos de Recoge Galicia de Gestión, S.L. durante o ano 2021.

Advertido erro na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 40, do luns 1 de marzo de 2021, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 12415, onde di: «Importe e modalidade de financiamento. O importe da encomenda ascende á cantidade de cen mil euros (100.000,00 €), con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, aplicación orzamentaria 08.02.541D.640.1», debe dicir: «Importe e modalidade de financiamento. O importe da encomenda ascende á cantidade de cen mil euros (100.000,00 €), con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, aplicación orzamentaria 08.02.541D.640.1».