Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 9 de marzo de 2021 Páx. 13804

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 11 de febreiro de 2021 pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión, para o ano 2021, pola que se encarga ao medio propio Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo técnico cualificado para o control, xestión e análise de proxectos e actividades relacionados cos procedementos de avaliación ambiental e coa autorización ambiental integrada.

Advertido erro na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 33, do xoves 18 de febreiro de 2021, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 10322, onde di: «Importe e modalidade de financiamento: o importe da encomenda ascende á cantidade dun millón setenta e catro mil trescentos trinta e tres euros con trinta e sete céntimos (1.074.333,37 €) con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, aplicación orzamentaria 07.02.541D.640»; debe dicir: «Importe e modalidade de financiamento: o importe da encomenda ascende á cantidade dun millón setenta e catro mil trescentos trinta e tres euros con trinta e sete céntimos (1.074.333,37 €) con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, aplicación orzamentaria 08.02.541D.640».