Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 9 de marzo de 2021 Páx. 13806

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 19 de febreiro de 2021 pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión pola que se encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) as obras de recuperación, restauración, adecuación e limpeza de puntos de vertedura incontrolada en diferentes concellos de Galicia, para o ano 2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, nunha porcentaxe máxima do 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 06, prioridade de investimento 06.04, obxectivo específico 06.04.01.

Advertido erro na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 40, do luns 1 de marzo de 2021, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 12417, onde di: «Importe e modalidade de financiamento. O importe da encomenda ascende á cantidade dun millón cento vinte e cinco mil euros (1.125.000,00 €), con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, aplicación orzamentaria 08.02.541D.601.1», debe dicir: «Importe e modalidade de financiamento. O importe da encomenda ascende á cantidade dun millón cento vinte e cinco mil euros (1.125.000,00 €), con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, aplicación orzamentaria 08.02.541D.601.1».