Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 2 de marzo de 2021 Páx. 12630

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (PO 712/2020).

Eu, Rafael González Alio, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Mabilde Cabeleira Monteiro contra Valdeorras de Pizarra, S.L., Pizarras La Campa, S.L., Cupiga, S.A., Pebosa, S.A., Pizarras Gallegas, S.A., Pizarras San Gil, S.L.U., Pizarras Intradima, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 712/2020, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social, citar a Valdeorras de Pizarra, S.L., Cupiga, S.A., Pebosa,S.A., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 29 de abril de 2021, ás 11.40 horas, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo. Pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ás destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Así mesmo, acordouse citalas para a súa asistencia ao acto de xuízo, co fin de efectuar, se for o caso, a proba de interrogatorio de parte solicitada pola demandante, con apercibimento de que, de non comparecer e ser admitida a proba proposta, se poderán ter por certos os feitos da demanda en que tiver intervido persoalmente e lle resultaren en todo ou en parte prexudiciais.

E para que sirva de citación a Valdeorras de Pizarra, S.L., Cupiga, S.A., Pebosa, S.A., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 5 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza