Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 2 de marzo de 2021 Páx. 12631

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 13/2021).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 13/2021 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Vanesa Paula Reboreda Núñez contra Elías Montero Souto, sobre despedimento, se ditaron as seguintes resolucións:

Auto despachando execución con data do 8 de febreiro de 2021, impugnable en reposición no prazo de tres días, a cal se atopa á súa disposición na sede do xulgado.

Dilixencia de ordenación con data do 8 de febreiro de 2021 e decreto con data do 9 de febreiro de 2021, ambas impugnables en revisión no prazo de tres días, as cales se atopan á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Elías Montero Souto, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 9 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza