Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 2 de marzo de 2021 Páx. 12628

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 916/2020).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 916/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcelo José Goncalves Moreira contra Marenzo Coruña, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo Marcelo José Goncalves Moreira contra a entidade Marenzo Coruña, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o demandante con data do 25 de novembro de 2020, e debo condenar e condeno a que a entidade Marenzo Coruña, S.L., no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 44,17 € diarios, ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 8.746,15 €.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou pola indemnización, enténdese que procede a primeira.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase a recorrente que non sexa traballadora ou beneficiaria do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (as ditas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co nº ES55 0049 3569 92 0005001274 consignando no concepto os seguintes díxitos: 4757000065 e nº de expediente con 6 díxitos (4 para o nº e 2 para o ano) e, se é fisicamente nunha oficina do Banco Santander, na conta nº 4757000065 e nº de expediente con 6 díxitos (4 para o nº e 2 para o ano), acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, a recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe, en audiencia pública no día da súa data. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Marenzo Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza