Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 2 de marzo de 2021 Páx. 12626

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 471/2020 MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 471/2020 MA por instancia de Iria Caamaño Rodríguez, contra Construcciones y Derivados Altobello, S.L. sobre DSP, en que se ditou Sentenza con data do 14 de decembro de 2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Fallo:

Estímase a demanda formulada por Iria Caamaño Rodríguez fronte á empresa Construcciones y Derivados Altobello, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento de Iria Caamaño Rodríguez realizado pola empresa Construcciones y Derivados Altobello, S.L.

– Condénase a empresa Construcciones y Derivados Altobello, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 3.593,21 euros; o aboamento da dita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 25,62 euros diarios.

– Condénase a empresa Construcciones y Derivados Altobello, S.L. a aboar a Iria Caamaño Rodríguez a cantidade de seiscentos trinta e oito euros con cincuenta e sete céntimos de euro (638,57 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones y Derivados Altobello, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 9 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza