1. Encomenda de xestión.
– Actividade. O mantemento da cuberta de selaxe e da rede de pluviais e o bombeo, a carga e a xestión do lixiviado do vertedoiro de residuos non perigosos de Recoge Galicia de Gestión, S.L. Os traballos consistirán na limpeza da rede de pluviais e recollida de volantes e restos orgánicos para a correcta evacuación das augas de chuvia que caen sobre a cuberta da selaxe provisional e o contorno do depósito de almacenaxe do lixiviado; o bombeo, carga, descarga e xestión do lixiviado, en xestor autorizado, xerado no vertedoiro, así como a reparación de posibles roturas na lámina provisional de selaxe.
– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxetiva, ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental da Administración, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, e de conformidade co disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia. Os traballos encargados comezarán o día seguinte a aquel en que a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, a través da persoa designada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático como coordinadora do encargo, dea a orde de inicio dos traballos. Como data límite, deberán finalizar o 31 de decembro de 2021.
– Importe e modalidade de financiamento. O importe da encomenda ascende á cantidade de cen mil euros (100.000,00 €), con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, aplicación orzamentaria 08.02.541D.640.1.
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2021
Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda