Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 1 de marzo de 2021 Páx. 12496

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 351/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de seguridade social 351/2019 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Lucía Freitas Landín contra a empresa Abarrotes Gourmet, S.L.U., sobre seguridade social, ditouse con data do 29.1.2021 sentenza impugnable en suplicación no prazo de cinco días, que se encontra dispoñible na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Abarrotes Gourmet, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 5 de febreiro de 2021

A letrada da Administración de xustiza