Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despido/cesamentos en xeral 229/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio García Salcedo contra Lago Gómez, S.L., sendo parte o Fogasa, sobre despedimento, se ditou Sentenza número 25/2021 con data do 4 de xaneiro de 2021, estimando a demanda, e contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.
E para que sirva de notificación en legal forma a Lago Gómez, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 1 de febreiro de 2021
A letrada da Administración de xustiza